O seu nome é Óscar Fernández Paz. É Técnico Superior en Restauración e TEAT en Turismo, pero de profesión cociñeiro. Logo de pasar por cociñas de varios e diversos perfís e por diferentes departamentos do sector turístico, desembarca no centro actual donde traballa: o CEIP Xacinto Amigo Lera, en 📍Portomouro (Val do Dubra). Desde xa fai preto de 6 anos, desempeña o cargo de oficial de cociña.


Sirven diariamente no centro preto de 75 menús cociñados in situ: un primeiro, un segundo e un postre, con produtos, na súa maioria, procedentes dun radio pequeno, e con provedores que coñecen polo seu nome, non pola súa Razón Social. Trátase dun centro relativamente pequeno, donde Óscar é a única persoa que traballa na cociña. Un centro público, con xestión pública, cos cartos de todos, e con persoal funcionario.

Desenvolven varias actividades relacionadas coa cociña durante o curso para potenciar os hábitos saudables, a recuperación do “cociñar na casa“ e o achegamento ós diferentes produtos que o mar ou a terra nos ofrecen. Talleres de cociña, actividades culinarias, concursos na rede, visitas de provedores ás aulas, xornadas de froitas non habituais, concursos presenciais, Menús Fusión, colaboracións das casas na elaboración dos menús... todo in situ sin moverse do seu centro. Pan de Val do Dubra, verduras e froitas veciñas, carnes que pastan nos seus arredores ou peixe fresco das nosas costas, sin esquecerse dos ovos con selo, do leite galego ou do queixo con certificado de calidade. Así é o seu comedor!


Podes seguilos en:

 Instagram: @fernandez.paz.oscar